Por qué eleximos a diversidade?

A unidade didáctica que levaremos a cabo no noso proxecto ten como centro de interese a multiculturalidade, creemos necesario que os nenos/as de infantil  coñezan novas culturas, tradicións, idiomas, costumes… das distintas partes do mundo.  

É fundamental que as novas xeracións se adapten as novas tecnoloxías de maneira precoz, para isto, faremos uso das TIC, unha  ferramenta  que levaremos a cabo na nosa proposta educativa.

A nosa elección débese a que hoxe en día hai máis nacionalidades diferentes na Escola Infantil, polo tanto é normal que nos encontremos nenos de diferentes países debido á emigración ou outros factores.

Debemos educar ós nenos dunha forma global, é dicir, debemos familiarizar ós nenos con diferentes costumes e culturas para así crear un clima de tolerancia e respecto, ao mesmo tempo que descubran novos conceptos, curiosidades e idiomas das diferentes culturas que nos rodean.
niños+pensando

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta